{"id":1130,"date":"2022-06-29T14:27:42","date_gmt":"2022-06-29T12:27:42","guid":{"rendered":"http:\/\/doutoramentoestudosliterarios.webs.uvigo.es\/?p=1130"},"modified":"2022-06-29T14:27:42","modified_gmt":"2022-06-29T12:27:42","slug":"i-coloquio-internacional-bifega-literatura-cultura-traducion-e-interpretacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/i-coloquio-internacional-bifega-literatura-cultura-traducion-e-interpretacion\/","title":{"rendered":"I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Traduci\u00f3n e Interpretaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<div id=\":ok\" class=\"a3s aiL \">\n<div dir=\"ltr\">\n<p>O <b>I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Traduci\u00f3n e Interpretaci\u00f3n<\/b> ter\u00e1 lugar os vindeiros d\u00edas 4, 5 e 6 de xullo en modalidade semipresencial, no Sal\u00f3n de Actos da Facultade de Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n da Universidade de Vigo. Ser\u00e1 retransmitido pola canle directo 1 de UVigo TV <a href=\"https:\/\/tv.uvigo.es\/directo1\" target=\"_blank\" data-saferedirecturl=\"https:\/\/www.google.com\/url?q=https:\/\/tv.uvigo.es\/directo1&amp;source=gmail&amp;ust=1656591757163000&amp;usg=AOvVaw16vau89OCh7x-EFKBH71qt\" rel=\"noopener\">https:\/\/tv.uvigo.es\/directo1<\/a>.<\/p>\n<p>O evento, organizado polo <b>grupo de investigaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/bifega.webs2.uvigo.es\/\" target=\"_blank\" data-saferedirecturl=\"https:\/\/www.google.com\/url?q=https:\/\/bifega.webs2.uvigo.es\/&amp;source=gmail&amp;ust=1656591757163000&amp;usg=AOvVaw1pgUUMs4mG-qTfDdXOYpXP\" rel=\"noopener\">BiFeGa-UVigo<\/a><\/b>, no que participa alumnado e profesorado do PDIEL, re\u00fane a maior\u00eda do seu persoal investigador permanente e en formaci\u00f3n. A trav\u00e9s de diferentes conferencias e comunicaci\u00f3ns presentaranse as s\u00faas m\u00faltiples li\u00f1as de investigaci\u00f3n, as teses de doutoramento en curso, as s\u00faas m\u00e1is recentes publicaci\u00f3ns, as\u00ed como as redes e proxectos de investigaci\u00f3n e innovaci\u00f3n en vigor.<\/p>\n<p>Un dos obxectivos principais do Coloquio \u00e9 visibilizar o labor investigador do grupo, reforzar as sinerxias e a s\u00faa cohesi\u00f3n, amosando unha das s\u00faas caracter\u00edsiticas fundamentais: a interdisciplinaridade.<\/p>\n<p>O grupo BiFeGa-UVigo desexa contribu\u00edr a unha divulgaci\u00f3n cient\u00edfica de calidade no \u00e1mbito das Humanidades, cunha proxecci\u00f3n internacional que xa teceu alianzas con outras universidades a nivel global, como a University of Warwick, University of Maine, ou as Universidad Nacional de La Plata, Universit\u00e0 degli Studi di Padova, Universidade Federal Rio Grande do Sul, entre outras.<\/p>\n<p>O I Coloquio Internacional BiFeGa est\u00e1 aberto ao p\u00fablico xeral, a\u00ednda que pode ser de especial interese para investigadoras\/es en estudos literarios, culturais, traduci\u00f3n e investigaci\u00f3n. A s\u00faa transversalidade metodol\u00f3xica pode resultar atractiva tam\u00e9n para investigadoras\/es doutros \u00e1mbitos pola s\u00faa conexi\u00f3n cos eidos hist\u00f3rico, filos\u00f3fico, pol\u00edtico e social, entre outros.<\/p>\n<p>O <b>programa completo<\/b> pode ser visualizado e descargado <b><a href=\"https:\/\/www.academia.edu\/82290583\/I_Coloquio_Internacional_BiFega_Literatura_Cultura_Traduci%C3%B3n_Interpretaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" data-saferedirecturl=\"https:\/\/www.google.com\/url?q=https:\/\/www.academia.edu\/82290583\/I_Coloquio_Internacional_BiFega_Literatura_Cultura_Traduci%25C3%25B3n_Interpretaci%25C3%25B3n&amp;source=gmail&amp;ust=1656591757163000&amp;usg=AOvVaw2WZMKzTdSthMaC4yav0oTs\" rel=\"noopener\">aqu\u00ed<\/a><\/b>.<\/p>\n<p>O Coloquio contar\u00e1 con <b>d\u00faas conferencias convidadas<\/b>:<\/p>\n<p><b>Conferencia de apertura <\/b>(virtual), d\u00eda 4 de xullo, 10.30-11.15h<br \/>\n\u00abTraduci\u00f3n e sustentabilidade ante a crise do capitalismo: alternativas necesarias \u00e1 econom\u00eda neoliberal\u00bb (Olga Castro, University of Warwick)<\/p>\n<p>Os niveis de burnout na sociedade actual est\u00e1n en m\u00e1ximos hist\u00f3ricos (Han 2015). \u00c1 s\u00faa vez, estase a dar un crecemento exponencial das cr\u00edticas ao poscapitalismo por impedir este un desenvolvemento sustent\u00e1bel (Gibson-Graham 2006). No que atinxe \u00e1 traduci\u00f3n, estudos recentes realizados no \u00e1mbito anglosax\u00f3n apuntan a que os programas acad\u00e9micos apenas abordan aspectos relacionados coa sustentabilidade da profesi\u00f3n (Moorkens 2017); no seu lugar, c\u00e9ntranse en afondar na figura dx tradutor\/a como suxeito neoliberal que poida venderse como aut\u00f3nomx, competir no mercado \u00a0capitalista de maneira individualista e levar a cabo unha constante actualizaci\u00f3n tecnol\u00f3xica. Partindo desta constataci\u00f3n, este relatorio ten dous obxectivos. O primeiro \u00e9 investigar de que xeito se adoita presentar a profesi\u00f3n da traduci\u00f3n nos mestrados universitarios do mundo occidental, con especial \u00e9nfase no espazo anglosax\u00f3n. O segundo obxectivo \u00e9 avaliar at\u00e9 que punto a profesi\u00f3n da traduci\u00f3n pode ser sustent\u00e1bel desde un punto de vista econ\u00f3mico, social e ambiental. Neste relatorio analizarei a s\u00faa utilidade para (a) atallar o impacto que sup\u00f3n para o medio a necesidade incesante de adquirir novo software e hardware, (b) presentar modelos de traballo colectivo e cooperativo, e (c) analizar como a cultura de traballo da dispo\u00f1ibilidade constante afecta \u00e1 xesti\u00f3n das responsabilidades familiares e dos coidados.<\/p>\n<p><b>Olga Castro<\/b> \u00e9 profesora titular de Estudos de Traduci\u00f3n na Universidade de Warwick, en Gran Breta\u00f1a, onde dirixe o mestrado \u2018Translation and Cultures\u2019 e \u00e9 subdirectora de estudos de posgrado na Escola de Linguas e Culturas Modernas. Emigrou a Gran Breta\u00f1a no 2010, despois de doutorarse pola Universidade de Vigo, con menci\u00f3n europea e premio extraordinario de doutoramento, cunha tese dirixida por Burghard Baltrusch e Bel\u00e9n Mart\u00edn Lucas. Est\u00e1 licenciada en Xornalismo pola USC e en Traduci\u00f3n e Interpretaci\u00f3n pola Uvigo.<\/p>\n<p><b>Conferencia de clausura (<\/b>presencial), d\u00eda 6 de xullo, 12:30-13:30h<br \/>\n\u00abDe mar a mar. Por que internacionalizar a literatura galega, para que e como facelo?\u00bb (Kathleen March, University of Maine)<\/p>\n<p>\u2018De mar a mar\u2019 \u00a0suxire unha canci\u00f3n en ingl\u00e9s sobre as d\u00faas costas dun pa\u00eds. Por\u00e9n, no noso contexto, alude a un pa\u00eds de anglofalantes que representan moitos posibes lectores e con eles un mercado grande de vendas. As vendas s\u00f3 van ser realizadas se o pos\u00edbel p\u00fablico ten interese por unha literatura, neste caso a galega. Pregunt\u00e1rmonos por que internacionalizar a literatura galega de feito abrangue as preguntas de para que e como acadar ese obxectivo? Nunha palabra: Que ten a literatura galega, que ten a s\u00faa cultura, que mereza ser internacionalizada? A traduci\u00f3n pode ofrecer unhas respostas, moitas delas non son ling\u00fc\u00edsticas sen\u00f3n did\u00e1cticas e algo m\u00e1is. A \u2018America the beautiful\u2019 da canci\u00f3n ten a obriga de saber m\u00e1is do resto do mundo.<\/p>\n<p><b>Kathleen Nora March<\/b> \u00e9 catedr\u00e1tica em\u00e9rita de espa\u00f1ol na University of Maine. En 1975 veu a Galiza para investigar sobre a poes\u00eda de Manuel Antonio, logo vir\u00edan estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e tam\u00e9n Rosal\u00eda de Castro. As s\u00faas traduci\u00f3ns de Cunqueiro, Rosal\u00eda e Otero Pedrayo son outra faceta dun traballo acad\u00e9mico imprescind\u00edbel, que axudou \u00e1 proxecci\u00f3n da literatura galega no \u00e1mbito anglosax\u00f3n. Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (AIEG). En 2015 recibiu o Premio da Cultura Galega no apartado de Proxecci\u00f3n Exterior.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Traduci\u00f3n e Interpretaci\u00f3n ter\u00e1 lugar os vindeiros d\u00edas 4, 5 e 6 de xullo en modalidade semipresencial, no Sal\u00f3n de Actos da Facultade de Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n da Universidade de Vigo. Ser\u00e1 retransmitido pola canle directo 1 de UVigo TV https:\/\/tv.uvigo.es\/directo1. O evento, organizado polo grupo de investigaci\u00f3n&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[],"class_list":["post-1130","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novedades"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1130","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1130"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1130\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1130"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1130"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/wnsites.xyz\/tesesv2\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1130"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}