Formación específica para o alumnado do Programa de Doutoramento

A vindeira semana, do 15 ao 19 de outubro, estará aberto o prazo de inscrición nas actividades formativas específicas dos programas de doutoramento (1º cuadrimestre). A preinscrición e matrícula realizarase a través da Secretaría Virtual de cada estudante no prazo indicado. Este programa de doutoramento ofrece o curso “Formación específica en investigación e publicación científica…

Details

Conferencias na FFT

Os vindeiros luns 17 e martes 18, ás 12.00, terán lugar na FFT senllas conferencias da profesora Kenya Gabriela Aubry Ortegón (Universidad Autónoma de Campeche, México). Pode accederse a información máis detallada na seguinte ligazón: http://poepolit.blogspot.com/2018/09/kenya-gabriela-aubry-ortegon.html

Details

Matrícula de doutoramento (2018-19)

Xa está dispoñible na web da Universidade de Vigo a información sobre o proceso de matrícula nos estudos de doutoramento para o vindeiro curso (2018-19) Nela atópanse guías (en galego e en castelán) e o calendario de preinscrición e matrícula. Pódese acceder desde esta ligazón: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-doutoramento   Calendario_2018_2019_doctorados_20180417

Details

Seminario ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’

O luns 21 de maio de 2018 desenvolverase o Seminario de formación de posgrao ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’, na sala de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.  A actividade abranxe as conferencias dos profesores da Universidade de São Paulo Emerson da Cruz Inácio e Mário César Lugarinho, investigadores especializados en estudos queer, africanidades…

Details

Anuncio de defensa de tese de doutoramento

O luns, día 7 de maio de 2018, ás 16.00, o doutorando Pablo Rodríguez Fernández defenderá na Sala de Xuntas de UVigo Tv (Edificio Miralles, UVigo) defenderá a tese de doutoramento titulada: Don Juan en la Literatura y en la Música. Aportaciones de la música para piano del Romanticismo a la significación del mito literario Comunícase…

Details

Convocatoria de bolsas de mobilidade (UVigo)

Está publicada a convocatoria de Bolsas de Mobilidade correspondente ao curso académico 2017-2018, cuxas bases poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/centros/eido/20180425_Convocatoria_Mobilidade_Doutoramento.pdf Este programa de doutoramento ofrece neste curso oito bolsas de mobilidade, cunha dotación de 250 euros cada unha. Animamos ao alumnado a que participe desta convocatoria.

Details

Coloquio Internacional “Unha Nova Historia dos Feminismos Ibéricos” (Vigo, 13 de abril de 2018)

A I Cátedra Internacional José Saramago e o grupo de investigación BiFeGa da Universidade de Vigo organizan o Coloquio Internacional “Unha Nova Historia dos Feminismos Ibéricos”, que terá lugar o día 13 de abril no  Centro Cultural Portugués do Camões, I.P., en Vigo. A entrada é libre.   O coloquio realízase con ocasión da publicación…

Details

Información sobre Cursos da EIDO

A EIDO ofrece con carácter xeral para o alumnado de doutoramento d UVIGO os cursos seguintes. A data límite para realizar a inscrición (a través da secretaría virtual de cada alumno/a) é o luns, 19 de febreiro.        1) Curso: “Redacción e defensa da tese doutoramento” (20 horas presenciais) As datas en que terá…

Details