Formación específica para o alumnado do Programa de Doutoramento

A vindeira semana, do 15 ao 19 de outubro, estará aberto o prazo de inscrición nas actividades formativas específicas dos programas de doutoramento (1º cuadrimestre). A preinscrición e matrícula realizarase a través da Secretaría Virtual de cada estudante no prazo indicado. Este programa de doutoramento ofrece o curso “Formación específica en investigación e publicación científica…

Seminario ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’

O luns 21 de maio de 2018 desenvolverase o Seminario de formación de posgrao ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’, na sala de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.  A actividade abranxe as conferencias dos profesores da Universidade de São Paulo Emerson da Cruz Inácio e Mário César Lugarinho, investigadores especializados en estudos queer, africanidades…

Convocatoria de bolsas de mobilidade (UVigo)

Está publicada a convocatoria de Bolsas de Mobilidade correspondente ao curso académico 2017-2018, cuxas bases poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/centros/eido/20180425_Convocatoria_Mobilidade_Doutoramento.pdf Este programa de doutoramento ofrece neste curso oito bolsas de mobilidade, cunha dotación de 250 euros cada unha. Animamos ao alumnado a que participe desta convocatoria.