Convocatoria de bolsas de mobilidade (UVigo)

Está publicada a convocatoria de Bolsas de Mobilidade correspondente ao curso académico 2017-2018, cuxas bases poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/centros/eido/20180425_Convocatoria_Mobilidade_Doutoramento.pdf Este programa de doutoramento ofrece neste curso oito bolsas de mobilidade, cunha dotación de 250 euros cada unha. Animamos ao alumnado a que participe desta convocatoria.

Coloquio Internacional “Unha Nova Historia dos Feminismos Ibéricos” (Vigo, 13 de abril de 2018)

A I Cátedra Internacional José Saramago e o grupo de investigación BiFeGa da Universidade de Vigo organizan o Coloquio Internacional “Unha Nova Historia dos Feminismos Ibéricos”, que terá lugar o día 13 de abril no  Centro Cultural Portugués do Camões, I.P., en Vigo. A entrada é libre.   O coloquio realízase con ocasión da publicación…